Falece un mozo de 22 anos nun accicente preto de Paiosaco

Marco Javier Cotelo, viaxaba ao volante dun turismo que sufriu unha saída de vía e chocou contra un farol e unha marquesiña na estrada AC-552, en Larín, Arteixo. Ao redor de unha e media da madrugada deste xoves un particular informaba do accidente ao 112 Galicia. Estes, de inmediato puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, dos Bombeiros de Arteixo, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e do Servizo Municipal de Protección Civil. Cando os servizos de emerxencias chegaron ao momento tan só puideron confirmar o falecemento do condutor do vehículo. Ademais, os bombeiros tiveron que excarcerar ao falecido e á persoa que ía de copiloto, que foi trasladada en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.
Finlamente, desde o CIAE-112 Galicia deuse aviso ao servizo de mantemento de estradas para restablecer e garantir as condicións de seguridade da vía.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha