Falece un mozo de 22 anos nun accidente en Esgos


O mozo falecido era natural da Boullosa, no concello ourensán de Baltar, conducía unha furgoneta dunha empresa de espectáculos que bateu contra un muro en plena curva na comarcal 536. Foi precisa a intervención dos bombeiros de San Cibrao das Viñas para excarcerar o condutor e único ocupante do vehículo

Desde a Garda Civil de Tráfico insisten en que extrememos as precaucións ao volante nestas datas festivas, especialmente coas actuais condicións meteorolóxicas adversas.