Falece un mozo de Carnota de 31 anos durante un atraco en Francia

Conmoción en Lira, en Carnota, pola morte dun veciño seu nun atraco en Francia, foi localizado con diversos golpes na cara e «sen carteira, sen teléfono móbil e sen documentación». O falecido é un mozo de 31 anos, Antonio Mayán Costa, que traballaba para unha empresa eólica de Luxemburgo e desprazárase a principios da semana pasada a unha vila da Normandía, en Francia, para encargarse dun parque. Dende alí falou coa súa familia por última vez, e ao día seguinte xa non apareceu no traballo. Tardaron días en saber que era el un home que aparecera morto de forma violenta, seguramente nun atraco. En Lira, o seu lugar de orixe, recibiron a noticia con moita tristura. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha