Falece un mozo de Coristanco de 22 anos nun accidente en Cerceda

Os Bombeiros de Ordes excarceraron o corpo da vítima, A.P.B. de 22 anos e veciño da parroquia coristanquesa de Cuns, que quedou atrapado no interior do turismo.

Sucedeu sobre as cinco e media desta pasada madrugada, na AC-400, á altura do punto quilométrico 27, en Rodís, ao seu paso polo concello de Cerceda. Foi, a esa hora, cando os servizos sanitarios solicitaban ao 112 Galicia medios de excarceración para un accidente entre un coche e un camión de recollida do lixo.

Con estes datos, os xestores do 112 informaron aos Bombeiros de Ordes que acudiron de contado ao punto, do mesmo xeito, pasaron aviso á Garda Civil de Tráfico e aos membros de Protección Civil da localidade.

Tras confirmar que a persoa, única ocupante do vehículo, estaba falecida, os Bombeiros procederon coas tarefas de excarceración.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha