Falece un mozo de Friol nun accidente de tráfico en Melide

O grave accidente producíase na noite do sábado ao domingo no lugar do Feal, a poucos quilómetros da vila coruñesa de Melide, na estrada que vai cara a Toques. Un turismo no que viaxaban dous mozos saía fóra da vía, e envorcaba sobre outro coche que estaba aparcado nunha leira. A vítima é un mozo de 21 anos, veciño de Friol, que recibiu todo o impacto da colisión cando o coche envorcou. O copiloto resultou só con feridas leves. Ao lugar acudiron Protección Civil de Melide, servizos sanitarios, Bombeiros de Arzúa e Garda Civil de Tráfico. Os veciños denuncian a perigosidade do tramo, con varios mortos nos últimos anos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha