Falece un mozo de Pereiriña ao caerlle encima un camión nun taller mecánico en Cambre

0 minutes read

Un veciño do lugar ceense de Pereiriña, que responde ás iniciais de M.R.S. e de 29 anos, faleceu na mañá deste venres ao caerlle un camión mentres estaba nun taller mecánico en Telva, Cambre.

O accidente produciuse arredor das 11:00 h e de contado unha persoa particular alertou ao 112 Galicia. A pesar da actuación dos servizos de emerxencias, nada se puido facer por salvarlle a vida ao operario.