Un mozo do Rosal de 25 anos (S.S.D.), faleceu este sábado despois de que chocaran os dous vehículos nas Loucenzas. No sinistro tamén quedou ferida unha muller de 67 anos (M.G.R.) que viaxaba como acompañante nunha das motos implicadas, e que foi trasladada ao hospital Álvaro Cunqueiro. Ata o lugar desprazouse un helicóptero do 061, tres ambulancias e persoal sanitario do PAC da Guarda para atender as vítimas, pero xa nada puideron facer por salvarlle a vida ao mozo motorista.