Falece un neno de Carballo de 11 anos que participaba nunha excursión en Mazaricos

Tal e como informou a Garda Civil á primeira hora da tarde deste martes, ás 12:30 horas tívose coñecemento da desaparición dun menor de 11 anos nunha excursión dun colexio de Carballo, no encoro da Fervenza – Mazaricos. O menor caeuse á auga e non conseguían localizalo. Desprazáronse ao lugar diferentes patrullas da Garda Civil así como bombeiros e servizos sanitarios. Pouco máis tarde o corpo do menor puido ser sacado do encoro e persoal médico realizoulle a reanimación con resultado negativo. Polo momento descoñécense as circunstancias de como puideron suceder os feitos. Policía Xudicial da Garda Civil encárgase da investigación.

A noticia impactou aos veciños do municipio de Carballo e o propio Goberno local difundiu un comunicado nas súas redes sociais para trasladar o seu apoio aos familiares do menor.

«Consternados pola noticia, no nome toda a corporación queremos facer chegar as condolencias e a solidariedade do pobo de Carballo á familia do neno, aínda sabendo que non hai consolo posible», lamentaron.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha