Falece un operario ao atrapalo unha máquina en Boqueixón

0 minutes read

Un traballador faleceu na tarde deste xoves no municipio de Boqueixón ao quedar atrapado por unha máquina nunha fábrica de tratamento de casca de piñeiro.

Foi un compañeiro da vítima quen chamou a emerxencias para alertar do sucedido.

Ata o lugar mobilizouse o helicóptero sanitario con base en Santiago de Compostela cun equipo de profesionais, que pouco despois certificou o falecemento.

Tamén participaron no dispositivo os Bombeiros de Santiago e Ordes así como voluntarios de Protección Civil de Boqueixón e axentes da Garda Civil.