Falece un operario ao caerlle unha árbore enriba en Curtis

1 minutes read

A Axencia Galega de Emerxencias deu conta dun operario falecido tras caerlle unha árbore enriba cando traballaba no lugar de Outeiro do Pato, en Foxados, no municipio de Curtis.

A caída da árbore provocou o falecemento da persoa que se atopaba realizando o seu traballo en Outeiro do Pato, en Foxados, no concello coruñés de Curtis.

O alertador que, ás cinco desta tarde contactou co 112 Galicia para pedir axuda, solicitaba unha ambulancia para un traballador ao que lle caera unha árbore enriba da testa, aseguraba que estaba totalmente liberado e accesible.

Nada máis recibir o aviso, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que tan só puideron confirmar o pasamento do traballador. Igualmente, foron informados a Garda Civil, os membros do GES de Curtis e os efectivos de Protección Civil da localidade.