Falece un operario de 38 anos tras caer dunha carretilla elevadora en Tui

0 minutes read

Segundo informou o 112, foi un particular o que avisou do sucedido pasadas as 11:30 horas deste luns. Os feitos acorreron nunha empresa de material de construción situada no concello de Tui, o home estaba nunha carretilla elevadora e bateu contra un palé. Ata o lugar desprazouse a Garda Civil, a Policía Local e os sanitarios, que non puideron facer nada por salvarlle a vida. As forzas da orde tratan de aclarar as circunstancias do suceso.