38
Un operario perdeu a vida e outro resultou ferido ao caerlle un palé enriba. O accidente tivo lugar nas dependencias da empresa Trans Ayan Loxística, no polígono da Granxa, no Porriño.
Este sábado, os traballadores estaban cargando un camión cun cesto cando este virou e atrapou un dos traballadores que faleceu no acto. O outro resultou ferido e tivo que ser trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro.
Segundo informou o 112 Galicia, ata alí desprazouse o 061, os Bombeiros do Baixo Miño, Protección Civil, Garda Civil e Policía Local.