25
Un operario perdeu a vida na tarde deste mércores logo de caer dunha carretilla tras sufrir unha posible indisposición mentres a manexaba.
Os feitos sucederon en Ribadavia, no lugar de San Cristovo, un compañeiro do falecido contactou co 112 Galicia para dar conta da súa situación.
Acto seguido, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado para atender ao traballador, aínda que, a pesar dos esforzos, os efectivos sanitarios desprazados nada puideron facer por salvarlle a vida.
Cómpre sinalar que, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da Policía Local, da Garda Civil e do GES de Ribadavia.