Falece un operario nas Somozas atrapado por unha máquina


Un traballador da empresa Xiloga, de 54 anos, veciño de Ortigueira (A Coruña), faleceu a consecuencia das feridas ocasionadas no accidente laboral que sufriu tras un envorco coa máquina coa que desenvolvía o seu labor, un ‘lagarto’ e quedou atrapado no seu interior.

O accidente produciuse nesta empresa de reciclaxe situada no lugar de Marbán, na parroquia de Seixas, no municipio das Somozas (A Coruña), no recinto da compañía para a cal o home traballaba. Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros do Eume, con sede nas Pontes de García Rodríguez, que excarceraron ao traballador ferido, que unha vez liberado foi trasladado en ambulancia ata o Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, onde faleceu horas máis tarde. Ao lugar tamén se desprazaron axentes da Garda Civil.