Falece un operario tras un accidente laboral no Porriño

0 minutes read
112 Emerxencias

Un operario faleceu na tarde deste luns tras recibir un forte golpe nas instalacións da súa empresa, dedicada ao sector do transporte, situada na parroquia de Atios, O Porriño, informaron fontes do 112 Galicia.

Foi un compañeiro do falecido o que solicitou asistencia médica de urxencia para este operario despois de que levara un forte golpe.

Os profesionais do 061 desprazados ao momento só puideron certificar a súa morte. O centro de atención ás emerxencias de Galicia tamén mobilizou a Garda Civil, Policía Local e Protección Civil.