Falece un ourensán de 69 anos tras saírse da vía co seu vehículo

Foto.- Garda Civil.

Un home de 69 anos, veciño de Ourense, faleceu na tarde deste domingo nun accidente de tráfico en Cado, no concello ourensán de Muíños. 

O vehículo en que viaxaba saíuse da vía pola marxe dereita e bateu contra un noiro.
Ao lugar trasladouse o helicóptero medicalizado e unha ambulancia, pero, segundo informou a Garda Civil de Tráfico,  xa non puideron facer nada para salvarlle a vida.