Falece un peón atropelado por un coche que se saíu da estrada en Tomiño

1 minutes read

Tamén se investiga como morte xudicial o caso dun veciño de Carballo que apareceu morto dentro do seu coche.

O atropelo mortal rexistrouse no quilómetro 3 da estrada provincial  PO-344 que une os concello de Gondomar e Tomiño, á altura de Barro. Un coche saíu da vía pola marxe dereita, bateu contra un muro, envorcou e levou por diante o peón, un home duns 70 anos, veciño do lugar que camiñaba con muletas. O falecido quedou atrapado baixo o vehículo e foron os bombeiros os que o rescataron. Os ocupantes do coche, o condutor e un menor, saíron ilesos.

Aparece morto en Carballo

Un veciño de Carballo de mediana idade foi atopado sen vida tumbado no asiento do copiloto do seu turismo, un Renault Clío vermello. O suceso dábase a coñecer á primeira hora da tarde deste martes por unha persoa particular que alertou ás forzas de seguridade. O turismo estaba estacionado nun aparcadoiro público ubicado na zona do antigo depósito da auga do casco urbano da vila. Todo apunta a unha morte natural, pero será a autopsia a que determine con claridade as causas do seu falecemento.