Falece un peregrino mentres facía o último treito do Camiño de Santiago

0 minutes read

Os feitos aconteceron este sábado cando o grupo do que formaba parte o home reiniciaba a marcha tras pasar a noite na zona do Pino. O falecido, de 67 anos, entrou en parada cardiorrespiratoria tras sufrir unha indisposición na zona do Pedrouzo, posiblemente por un problema de corazón. Formaba parte dun grupo de tres empresarios procedentes da capital de España. Ata o lugar trasladáronse persoal sanitario, unha ambulancia e un helicóptero medicalizado, pero nada puideron facer por salvarlle a vida.