Falece un pescador despois de caer ao mar en Ferrol

1 minutes read
  • O suceso produciuse sobre as 4 da tarde deste martes e o corpo foi trasladado ao peirao de Coruxeiras

Un pescador perdeu a vida na tarde deste martes en Ferrol despois de caer ao mar preto do Porto Exterior.

Os feitos sucederon ás 16:00 horas, cando unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar do ocorrido.

Nada máis recibir a alerta, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Salvamento Marítimo, que coordinou o operativo de rescate no que tamén participaron o Servizo de Gardacostas de Galicia, a Garda Civil e a Policía Nacional e Local.

Unha vez recuperado o cadáver por medio dunha embarcación de Salvamento Marítimo, o corpo sen vida do pescador foi trasladado ao peirado de Coruxeiras.