Falece un rapaz de 19 anos en Mazaricos nun accidente de tráfico

0 minutes read
  • O suceso produciuse pasadas as 07:30 horas na DP-3404

Un home de 19 anos, veciño de Asenso (Mazaricos), faleceu na mañá deste venres nunha colisión entre un turismo e unha maquinaria agrícola.

O accidente produciuse sobre as 07:30 horas na DP-3404, a estrada que comunica os concellos de Dumbría e Mazaricos. Concretamente o incidente produciuse neste último termo municipal, no punto quilométrico 19,500.

No operativo participaron persoal de Urxencias Sanitarias, o GES de Muros, axentes da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil de Mazaricos.