0
Un home duns 70 anos faleceu este domingo na praia de Bastiagueiro Pequeno, no concello de Oleiros. Os socorristas do areal avisaron o 112 Galicia ao redor das 13:15 da tarde de que acababan de rescatar a unha persoa na auga e solicitaban asistencia sanitaria. Ata a zona desprazouse persoal de urxencias, emerxencias de Oleiros, Garda Civil e Policía Local. Os sanitarios tentaron reanimar á vítima no areal, pero a pesar dos intentos, só puideron certificar o seu falecemento. O 112 tamén puxo en aviso da situación a Salvamento Marítimo e Gardacostas, que non chegaron a intervir na operación de rescate.