Falece un septuaxenario tras sacalo da auga en Bastiagueiro Pequeno, en Oleiros

Un home duns 70 anos faleceu este domingo na praia de Bastiagueiro Pequeno, no concello de Oleiros. Os socorristas do areal avisaron o 112 Galicia ao redor das 13:15 da tarde de que acababan de rescatar a unha persoa na auga e solicitaban asistencia sanitaria. Ata a zona desprazouse persoal de urxencias, emerxencias de Oleiros, Garda Civil e Policía Local. Os sanitarios tentaron reanimar á vítima no areal, pero a pesar dos intentos, só puideron certificar o seu falecemento. O 112 tamén puxo en aviso da situación a Salvamento Marítimo e Gardacostas, que non chegaron a intervir na operación de rescate.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha