38
O suceso tivo lugar na tarde deste luns en Baiona, un home faleceu mentres cargaba un camión guindastre. A vítima era natural do concello de Barro. O home estaba subindo un coche e unha moto ao seu guindastre. Ao parecer, a rampla do vehículo caeu embaixo, por motivos que se investigan, provocando o fatal accidente. Os servizos de urxencia desprazados ao lugar nada puideron facer por salvarlle a vida a esta persoa.