Falece un traballador de 28 anos na Estrada

1 minutes read

Perde a vida un traballador de 28 anos despois de quedar atrapado por un guindastre nunha explotación gandeira do lugar de Cora, na Estrada.

Foi unha persoa particular quen deu a voz de alarma mediante unha chamada ao 112 Galicia.

Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pero nada puideron facer por salvar a vida do home.

Ademais, o equipo médico necesitou a axuda dos efectivos do Servizo Local de Emerxencias e os Bombeiros do Deza debido a que se atopaba a uns tres metros de altura, na cesta do guindastre. 

Do mesmo xeito, ao lugar do accidente desprazouse unha patrulla da Garda Civil, que confirmou o falecemento do traballador, responsable da explotación gandeira na que se produciu o accidente.