Ás 12:30 horas deste mércores, un particular chamou ao 112 Galicia para informar de que un operario acababa de sufrir unha caída nas instalacións dunha carpintaría metálica localizada no polígono do Allo, en Baio (Zas). Durante a conversa, explicaba que o implicado permanecía inconsciente. Para este operativo, o persoal do 112 Galicia informou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos axentes da Garda Civil e aos voluntarios de Protección Civil de Zas. Malia os esforzos, os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.