Falece un traballador nunha obra civil na refinería da Coruña


O falecido traballaba nunha empresa auxiliar que estaba a realizar labores de construción nunha obra civil contratada por Repsol nas súas instalacións. Segundo informa a refinería nun comunicado, a compañía abriu unha investigación e está a colaborar coas autoridades competentes para aclarar as causas do accidente laboral. Repsol, no nome do cadro de persoal, transmitiulle tamén o seu pesar á familia da vítima e á empresa na que traballaba.