Falece un traballador tras caer dun edificio en construción en Negreira

1 minutes read

Ao fío das nove a mañá deste mércores o 112 Galicia recibiu unha primeira chamada de aviso sobre un posible accidente laboral nun inmoble aínda en construción.

A caída dun traballador motivou a activación dos recursos de emerxencias necesarios como a asistencia sanitaria urxente e a presenza do corpo de seguridade da Policía Local. Tamén dos axentes da Garda Civil, que enviaron unha dotación ao lugar co fin de recoller toda a información relativa a este sinistro no eido laboral.

Co paso dos minutos, o equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmou o falecemento do traballador, que participaba na obra dun edificio situado na Avenida de Santiago, en Negreira.