Falece un tractorista de 85 anos en Sada

Segundo a información recibida no 112 Galicia, a persoa quedou atrapada debaixo do vehículo despois de envorcar nunha finca privada. Todo sucedeu preto das 10:45 horas deste luns, cando o 112 Galicia recibiu a chamada de varias persoas particulares para pedir asistencia médica urxente para unha persoa que sufrira un accidente mentres manexaba o tractor no lugar de Souto, na parroquia de Carnoedo. Alí acudiron tras ser informados polos xestores de emerxencia os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Sada e os axentes da Garda Civil e da Policía Local. Do mesmo xeito, informou os Bombeiros de Betanzos. O 061 enviou ao lugar unha ambulancia de soporte vital básico e outra de soporte vital avanzado, ademais dun equipo sanitario de Atención Primaria, que confirmou o falecemento no lugar do home de 85 anos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha