Falece un veciño de Cee nun accidente en Caldebarcos


Ás sete da tarde deste domingo produciuse unha colisión frontal entre dous turismos, un Renault Clio e unha furgoneta Mercedes, na estrada AC-550 ao seu paso polo lugar de Caldebarcos, en Carnota. Como consecuencia do choque o condutor do Renault Clio, de 63 anos de idade e veciño de Cee, quedou atrapado no seu interior falecendo practicamente no acto. Dada a voz de alarma, ao lugar acudiron de inmediato o 061, os Bombeiros de Cee, o GES de Muros, Protección Civil, Policía Local e Garda Civil de Tráfico, pero nada se puido facer por salvarlle a vida ao home atrapado.