O 112 Galicia recibiu a alerta da situación do home a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Na súa comunicación, os sanitarios indicaban que estaban a mobilizar unha ambulancia e tamén un helicóptero medicalizado para asistirlle. Aínda así, malia os esforzos, nada puideron facer por salvarlle a vida a José G.M. de 79 anos de idade. Tamén acudiron ao lugar os Bombeiros de Ordes. Os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento cortaron a árbore que atrapaba ao home. Con todo, a persoa xa estaba falecida. Completaron o operativo os axentes da Garda Civil que, tratan de esclarecer as circunstancias do suceso.