Falece un veciño de Ortigueira que fora agredido por outro cun pau

Firewood stack in the sunlight, full frame. Preparing for winter time.

Os feitos sucederon en Mañón, despois de que tanto o agresor como un familiar se atopasen tras cargar un camión de madeira, momento en que a vítima se dirixe a eles, producíndose a continuación unha disputa. O agresor, supostamente, colleu un pau das ramas das árbores que se acababan de cortar e golpeou na cabeza ao agredido, caendo este a o chan e quedando inmóbil. Cando o agresor comprobou que a vítima non respondía tratou de auxiliarlle e chamou ao 061, acudindo ao lugar unha ambulancia que evacuou ao agredido ata o Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, desde onde foi derivado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. A Garda Civil confirmou na mañá deste xoves que esta persoa agredida, de 30 anos de idade, faleceu.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha