38
Os feitos aconteceron á última hora da tarde deste sábado cando o home, de 50 anos, estaba maniobrando coa máquina agrícola. Segundo a información pasada por Emerxencias o tractor detívose momentaneamente, o home vaixou da máquina para tratar de averiguar cal era o motivo, de repente o tractor iniciaría de novo a marcha de súpeto esmagándoo contra o portal do garaxe. Tras a voz de alarma pasada pola súa propia nai ao 112 Emerxencias Galicia, a súa chegada nada puideron facer por salvarlle a vida. Ao lugar tamén acudiron a Garda Civil de Ordes e a Policía Local de Cerceda, así como unha ambulancia asistencial do 061.