38
Nada se puido facer por salvar a vida dun veciño de Salvaterra, de 73 anos, que faleceu a primeira hora deste domingo no interior da súa casa, probablemente a causa do fume provocado por un incendio.
Os bombeiros de Ponteareas extinguiron o lume e xa se temía pola vida do inquilino, xa que non estaba localizado. Finalmente confirmáronse os peores presaxios e confirmouse o seu falecemento.