Falece un veterinario de 43 anos golpeado por unha vaca

Foto.- T.G.

Unha chamada ao 112 alertaba dunha persoa accidentada polo golpe dunha vaca nunha explotación do lugar de Chan de Vilar, no concello lugúes das Nogais. Activouse un amplo dispositivo de emerxencias e mesmo un helicóptero medicalizado se desprazou ata a zona, pero cando chegaron os sanitarios xa non puideron facer nada por salvarlle a vida. A vítima é un veterinario que estaba a realizar o saneamento das vacas cando unha delas lle deu un golpe. Nun primeiro momento estivo consciente e chegou a falar con varias persoas pero acabou falecendo pouco despois. O falecido é un veciño de Lugo de 43 anos que traballaba para Tragsa.