O fútbol galego en xeral e a parroquia de Corme en particular están de loito tras a morte, este domingo, de Anxo Rogelio Galán Brioso, de 41 anos, que perdía a vida tras sentirse indisposto no campo de O Cairo, onde o seu equipo, os veteranos do Corme, disputaba un partido contra o Fisterra. Anxo, natural da Rúa e residente na Coruña, atopouse mal tras a primeira parte do partido e anunciou que non xogaría a segunda. Ao final do choque, un dos seus compañeiros constatou que o seu estado empeorara notablemente. Membros de ambos os equipos tentaron reanimalo sen éxito, tarefas que proseguiron os sanitarios á súa chegada, pero lamentablemente nada se puido facer por salvarlle a vida. Aos seus 41 anos deixa unha muller e un neno de seis anos, as redes sociais enchéronse de mensaxes de pésame cara ao club e cara á súa familia.
Falece un xogador do equipo de veteranos do Corme ao atoparse mal durante un partido
Foto de su perfil de Facebook.