39
As festas das Berlanas, en Ávila, tiveron un final tráxico e inesperado. Unha cantante e bailarina da orquestra Super Hollywood, morreu logo de sufrir o impacto dun artefacto piroténico empregado no espectáculo. A muller, de 30 anos, sufriu lesións por culpa do cartucho, que estoupou no escenario. Foi trasladada nunha UVI móbil ao Complexo Hospitalario de Ávila e faleceu. Tras o incidente, que aconteceu pouco antes das dúas da mañá deste domingo, a orquestra suspendeu a actuación.