Falece unha motorista ao chocar contra un autobús no Grove

Emergencias 112

Unha motorista perdeu a vida este mércores despois de chocar contra un autobús mentres circulaba pola PO-316, á altura do punto quilométrico 3.200, no concello pontevedrés do Grove.

Segundo informan fontes da Axencia Galega de Emerxencias, ás 14:00 horas un particular alertaba ó 112 Galicia de que había unha persoa ferida despois dun accidente no que se viron implicados dous vehículos. A muller atopábase inconsciente tras o impacto, aínda que liberada e accesible.

De inmediato, desde o 112 Galicia, activouse un operativo que contou coa participación dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Salnés e tamén cos membros do GES de Sanxenxo e de Protección Civil da localidade.

Os axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local encargáronse de restablecer as condicións de seguridade na vía coa colaboración do persoal de mantemento das estradas. A pasaxe puido ser trasladada noutro autobús e ningún dos ocupantes resultou ferido.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha