Unha muller de 71 anos perdeu a vida na tarde deste xoves despois de caer ao interior dun pozo duns 9 metros cadrados no lugar do Feal, Cabovilaño, no termo municipal da Laracha. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, os Bombeiros de Bergantiños recuperaron do interior do pozo o corpo sen vida da muller precipitada.
Nada máis ter constancia do suceso, os axentes do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia requiriron a intervención dos membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Bergantiños, da Policía Local, dos axentes da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil da Laracha.
A pesar dos esforzos por salvarlle a vida, os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.