Falece unha muller ao caer desde o quinto andar dun edificio na Coruña

1 minutes read

Na madrugada deste luns varios particulares informaban ao 112 Galicia de que unha muller caera no patio de luces do seu edificio, situado na rúa Gerión, en A Coruña.

Nada máis ter constancia dos feitos, desde o 112 Galicia requeriuse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Nacional e da Policía Local.

Segundo informaron ao 112 Galicia os servizos de urxencia a persoa caera dende un quinto piso ata o patio de luces do edificio. Cando os sanitarios chegaron ao punto, nada puideron facer pola súa vida, máis que confirmar o seu falecemento.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?