Unha muller de 65 anos faleceu en Vila de Cruces despois de ser atropelada por un coche que batera previamente contra un camión nun cruce. O sinistro produciuse cando un vehículo se saltou un stop e bateu contra un camión que circulaba en dirección Lalín e que facía o xiro no mesmo lugar.
A mala sorte quixo que tras o impacto o vehículo saíra despedido e levara por diante á muller que camiñaba pola beira de regreso a súa casa. O golpe que recibiu a muller foi moi violento e, pese a esa rápida intervención dos equipos de emerxencias, faleceu pouco despois. O condutor do turismo comentou que o coche non lle freara e tanto el como o condutor do camión saíron ilesos.
A peor parte foi para a muller, que veraneaba en Toiriz a escasos 3 quilómetros do lugar e que decidira quedar uns días máis despois de que o seu marido e os seus fillos regresaran a León.