32
A Garda Civil investiga as circunstancias nas que faleceu unha muller de 48 anos na rúa Vila de Noia en Carballo. O 112 Emerxencias Galicia pasou o aviso ás 6:46 horas deste venres, a muller estaba tirada na rúa. No seu auxilio acudiron a Garda Civil, Policía Local e tamén unha ambulancia do 061 con persoal médico. Os sanitarios tan só puideron certificar o falecemento desta persoa, a pesar dos seus intentos por reanimala. Fontes próximas á investigación determinaron que a muller se precipitara dende un terceiro piso.