Unha muller de 49 anos perdeu a vida tras sufrir unha saída de vía na Avenida de Alfonso Molina, na cidade da Coruña.
O 112 Galicia recibiu varias chamadas de particulares arredor das 23:55 horas deste luns alertando dun accidente no que un vehículo se saíra da vía e envorcara, presentando importantes danos. Segundo indicaban os alertantes, no interior do coche atopábase a condutora, única ocupante do vehículo, gravemente ferida e posiblemente atrapada.
De inmediato, desde a sala de operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros da Coruña, así como aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.
Unha vez no lugar do sinistro, os equipos de intervención confirmaron que non foi preciso realizar labores de excarceración, xa que a muller se atopaba liberada. Porén, nada se puido facer por salvarlle a vida.