Falece unha muller de 63 anos nunha colisión entre dous coches en Xunqueira de Espadanedo

1 minutes read

Unha muller faleceu este venres nun accidente de tráfico rexistrado na estrada OU-536 ao seu paso polo municipio ourensán de Xunqueira de Espadanedo. O accidente rexistrouse ao redor das oito da mañá e foi unha colisión entre dous vehículos na estrada que vai entre Ourense e Trives. 

Ata o lugar do accidente desprazáronse dúas patrullas de motoristas, un equipo de atestados e o helicóptero medicalizado. Tamén foron avisados integrantes do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Maceda, Protección Civil e o servizo de mantemento de estradas.

O condutor do outro vehículo, que invadiu o carril contrario, un mozo de 22 anos, tivo que ser excarcelado e foi traslado en helicópeto ao hospital de Ourense.