34
O equipo médico nada puido facer por salvar a vida da muller, que foi atropelada na recta de Lariño. O aviso do accidente chegou ao 112 Galicia a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que tiña en camiño unha ambulancia para confirmar no lugar do accidente que a persoa estaba falecida. Para colaborar cos profesionais sanitarios, desde o 112 Galicia, solicitouse a intervención dos membros do GES de Muros, e informouse aos axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico co fin de coñecer todos os detalles sobre o accidente.