22
Unha veciña de Ferrol faleceu tras unha suposta agresión do seu irmán durante un brote psicótico. A agresión produciuse o domingo e a muller morreu o martes. Mentres, o home, que padece esquizofrenia, atópase ingresado nun centro hospitalario, na área de psiquiatría.
Os feitos producíronse o domingo nunha vivenda situada na zona de Fajardo, na cidade de Ferrol. A falecida é unha persoa de idade avanzada, que foi evacuada ao centro hospitalario onde acabou falecendo.
Tamén foi trasladado o presunto autor da agresión, o seu irmán, que permanece ingresado, á espera das actuacións que leven agora a cabo.