Falece unha muller e outra queda ferida grave nun accidente nos Blancos


O sinistro tivo lugar contra a unha do mediodía deste luns na estrada OU 1112 que une Xinzo con Calvos de Randín, á altura do concello de Os Blancos. A condutora do opel corsa, carteira de profesión, estaba a facer o reparto de correspondencia cando colidiu con outro turismo. Grazas ás coordenadas que o sistema de xeolocalización dun dos coches enviou tras o impacto, axiña se achegaron os servizos de emerxencia.

A condutora falecida tiña 39 anos e levaba cinco días traballando en sustitución do carteiro dos Blancos. Ao lugar do sinistro achegáronse compañeiras súas de Correos. Deixa un fillo dun ano.
A outra condutora, de 55 anos e veciña de Taboadela, foi trasladada ao CHUO en helicóptero, o seu estado é grave.