Falece unha muller en Ordes tras ser atropelada por un turismo

0 minutes read
Imaxe dunha ambulancia 061

Unha muller de avanzada idade faleceu este domingo despois de ser atropelada por un vehículo tras baixar dun autobús na estrada que vai de Ordes a Lanzá, cando volvía dunha excursión. O condutor saíu ileso.

Segundo o 112 Galicia, os servizos sanitarios informaban do atropelo. Pasouse aviso á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, aos Bombeiros de Ordes e aos efectivos de Protección Civil, que se desprazaron ata o lugar. Unha vez alí, os Bombeiros confirmaron o falecemento.