Falece unha muller en Santa Comba nun accidente cunha máquina agrícola

Arquivo.

Unha muller perdeu a vida no lugar dos Picotos, no concello de Santa Comba, tras sufrir un accidente cunha máquina agrícola na parroquia de Santa Sabiña.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, a vítima sufriu un contratempo cun vehículo mesturador, polo que tiveron que intervir os Bombeiros de Santa Comba.

Foi unha persoa particular a que chamou a emerxencias para informar dos feitos. O equipo sanitario que se trasladou ao lugar só puido confirmar o falecemento da muller.

Coa fin de aclarar as circunstancias do suceso, o 112 solicitou a intervención da Garda Civil e dos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil.