Falece unha muller na Coruña tras declararse un incendio na súa vivenda

  • Sucedeu na madrugada deste mércores na rúa Javier Fonte

Unha muller perdeu a vida na madrugada deste mércores tras producirse un lume no interior do piso no que residía na cidade de A Coruña. Ademais, outra persoa tivo que ser trasladada ao hospital. Sucedeu pouco despois das 02:00 horas na rúa Javier Fonte. Foron os veciños da mesma quen chamaron ao 112 Galicia para alertar do suceso.

Decontado se movilizaron aos Bombeiros da Coruña, aos servizos médicos, aos axentes da Policía Local e tamén a membros de Protección Civil da localidade. Unha vez no lugar dos feitos, o equipo de bombeiros confirmou que o lume estaba apagado pero que no interior da vivenda se atopaba o cadáver dunha muller.

Por precaución, o edificio tivo que ser desaloxado durante unhas horas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha