Este xoves unha muller faleceu cando se bañaba na Praia da Cuncha, en Ortigueira.
Segundo informa o 112 Galicia, varias persoas deron a voz de alarma ás 18:30 horas pedindo asistencia médica para unha muller inconsciente que acababan de sacar da auga. Malia a intervención dos profesionais sanitarios, nada puideron facer por salvar a vida da vítima.
Co equipo médico colaboraron as axentes da Policía Local e tamén foi informada a Garda Civil co fin de coñecer as circunstancias nas que se produciu o falecemento.